Votacion: 
5 (6 votos)
1

A xornalista de Diario de Pontevedra María Varela gaña o premio Fernández del Riego

O xurado destaca a aposta de futuro do artigo 'Cóxegas e tartas', publicado o 29 de abril de 2016

María Varela. DAVID FREIRE

María Varela. DAVID FREIRE

Por un artigo titulado Cóxegas e tartas, publicado o 29 de abril de 2016 na última de Diario de Pontevedra, a xornalista María Varela gañou este ano o premio Fernández del Riego. O galardón, que forma parte dos premios de xornalismo de Afundación e recoñece traballos en lingua galega, galardona "a aposta de futuro" do texto. "É un artigo que empuxa", sinalou o presidente do xurado, Alfredo Conde. 

O gañador do outro recoñecemento, o Julio Camba, para artigos en castelán, foi Miguel Anxo Murado, polo texto El cedazo de los días, publicado en La Voz de Galicia.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Anxo Barros martes 20 de junio de 2017, 11:03
1

Que se saiba a miña ledicia por este premio a unha excelente profesional (o tópico sería que engadise que tamén excelente persoa, pero iso sobra por evidente). Moito me alegro de que a sensibilidade de María teña cautivado ao xurado.Sempre é un refuxio ler un artigo sobre as cóxegas. Parabéns!