A catedral

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

Nove Ondas

A catedral


Etiquetas: ladrillo, patrimonio, Rosa Aneiros

Rosa Aneiros.

O rumor estendeuse como unha lapa de lume alimentada polo vento do sur. Disque querían derrubar a catedral, construída nove séculos antes, para edificar no seu soar un gran centro comercial.

As razóns non deixaban lugar a dúbida, o declive constante do número de peregrinos e de practicantes da relixión de culto no templo por un lado e, polo outro, o incremento no número de posibles consumidores do centro de ocio consideraban idónea tal muda. O verdadeiramente sobresaliente non foi o estrambótico da idea senón os aplausos duns, escasos pero ruidosos, e o silencio dos outros.

As razóns de utilidade estrita daban couces contra as pedras de musgo cargadas de Historia. O patrimonio nunca foi ben levado co progreso irracional. Por aqueles que defenden como mellor maneira de gañar o futuro o avance dos exércitos, ese que destrúe todo ao seu paso. E, claro, un dos argumentos máis esgrimido era a indefensión dos consumidores ante o poder da memoria. Que dúbida ten. A idea, lanzada como globo sonda, por algún reduto de accionistas do centro comercial foi callando ata mesmo facer dubidar o goberno da cidade.

Tanto balbordo nos medios de comunicación, tanto ruxerruxe na rúa fixo por fin debater a aqueles que gobernan coas portadas na man. E, dixo algún, se cadra unha súperpantalla de cine ha ser mellor cás apertas ao apóstolo, así seremos máis internacionais, máis globalizados, menos pailáns. Por uns e por outros, o proxecto do centro comercial foi medrando ata se converter no miolo da actualidade.

Cando xa as máquinas de derrube se aproximaban á torre do campanario un pícaro preguntou: Nai, e se derruban a catedral, ¿quen vai saber quen somos?

08/07/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso