… morra farta

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

Nove Ondas

… morra farta


Etiquetas: Rosa Aneiros, pobreza, hambre, ONU, G8

Rosa Aneiros.

vale máis unha farta que sete lambidas. Iso deberon pensar os xefes de estado do G8 que se reuniron en Xapón a pasada semana. Durante tan importante cita, os comunicados de prensa aseguráronnos que os líderes máis poderosos do mundo abordaran temas como o envío de axuda a África ou o alarmante incremento da desnutrición no planeta debido á crise alimentaria. Ao rematar tan arduo debate, no que por certo, non ofreceron respostas concretas senón declaracións de boas intencións que non alcanzan outro adxectivo ca pésimas, decidiron levar unha enchenta.

O menú da cea, de nada menos que dezanove pratos, incluía delicias culinarias como millo con caviar, salmón afumado, ourizos de mar ou ameixas fervidas baixo o ostentoso lema de “Beizóns da terra e do mar”. Non se, beizóns eran. Mágoa que para millóns de persoas a beizón da terra é unha cunca de arroz ou unha presada de trigo e non pode recibila porque os todopoderosos non tomaron decisións contundentes.

Porque comer, que coman o que lles veña en gaña, pero que non condeen a millóns de persoas á fame negra coa súa non-sinatura de acordos. Mesmo incumpriron, como denuncian as ongs, a promesa feita en 2005 de incrementar a axuda ao continente africano a 50.000 millóns de dólares ao ano ata 2010.

O Programa Mundial de Alimentos de Nacións Unidas lémbranos que precisa urxentemente fondos duns 750 millóns de dólares para seguir alimentando a máis de 73 millóns de persoas en todo o mundo que están a sufrir extremadamente o incremento do prezo do petróleo e das colleitas. Niso pensaban os líderes do G8 cando papaban delicia tras delicia, no dura e angustiosa que é a fame. Xa se sabe morra Marta, morra farta...

15/07/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre







Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso