Outros alugueres

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

Desenlaces

Outros alugueres


Etiquetas: infancia, mujer, demografía, Navia Franco

Navia Franco.

A Xuntanza Anual de Medicina Reprodutiva de Europa, celebrada recentemente na cidade de Barcelona, deixounos a reivindicación dos expertos alí congregados: a regularización dos ventres de aluguer, sempre que o procedemento se realice por razóns estritamente médicas e despois de examinar polo miúdo cada caso. Na actualidade, a “maternidade subrogada” é ilegal en España, mentres que noutros países europeos e mesmo en Estados Unidos é posible empregar como recipiente o útero dunha muller para poder concibir descendencia.

A reclamación dos 7.000 expertos reunidos aludiu aos moitos prexuízos que existen sobre as nais de aluguer e apuntou os diversos factores para explicar por que os casos de infertilidade se multiplicaron por catro nos últimos 30 anos. Confeso a miña desconfianza sobre esta práctica reprodutiva, por riba de todo porque o diñeiro que tantas veces o emporca todo é, en moitos casos e aínda que se edulcore a intención da nai substituta, o fin para esta última e o medio para quen aluga.

A realidade é que, mentres a Lei de Reprodución Asistida non cambie en España, algunhas parellas e mulleres interesadas en reproducirse a través doutros úteros seguirán viaxando a países nos que é posible a técnica, practicando unha especie de turismo reprodutivo que, coma o sexual, na miña opinión ten que ver moito coa explotación da desigualdade.

¿Pode o drama da infertilidade dar por válida unha práctica que poucas veces remite á xenerosidade e tantas outras ten que ver co tráfico de nenos e coa explotación de situacións de miseria ou penuria económica? ¿Cantas mulleres que ofrecen o seu útero como contedor do futuro bebé o fan por altruísmo e non por verdadeira necesidade? ¿Cantas accederían a emprestalo sen ningunha axuda económica a cambio, só cubrindo os custos que non atenda a Seguridade Social, como proxectan en Francia? E ao cabo, ¿como se valorarían eses custos extra que, abofé, darían marxe para encubrir unha compra do bebé?.

Como en moitos outros temas, nos últimos tempos vánsenos sumando tantos debates morais e éticos que o resultado da suma xa mete medo.

16/07/2008

5'0 (2 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por SEito 17-07-2008 23:45

Normal

O que mete medo , rapaza , e a xustificación de actos que de saida xa van en contra das Leis Naturais , da Bioloxía , falo , non de outras .
Selección Natural , din os amigos Biologos .


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre






Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso