Cementar cementarei

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

O Abrelatas

Cementar cementarei


Etiquetas: Ramón Latas, ladrillo, país

Ramón Latas.

O conto xa vén de vello. É a loita entre a economía sosteníbel e a especulativa. Dunha banda, uns; doutra, outros. Alí, unhas consignas; acó, as outras. Filosofía daqueles: o progreso é gañar cartos para xerar riqueza pecuniaria, malia arrasar ao seu paso con outras riquezas menos visibeis a simples vista. Filosofía destes: o progreso é o razoábel equilibrio entre o emprego duns recursos e a non destrución doutros.

Coido que non fai falla dicir cal das dúas filosofías primou case escandalosamente na economía galega ao longo das últimas décadas, e especialmente no sector da construción. O “tixolazo” foi santo remedio para certos individuos que atoparon na edificación salvaxe onde acochar cartos gañados de xeito pouco recomendábel. Nalgunha ca outra comarca de Galiza (ui, perdón!) saben moi ben do que estou a falar. Outros non chegaron a facer do sector un “branqueo”, mais tristemente quedaron coa outra parte da película: a edificación salvaxe. Coido que hai que dar poucas explicacións sobre a paisaxe (?) urbanística das máis das nosas costas.

E coma no conto de “Jauja”, algúns comezaron a albiscar riquezas perennes, gañancias infinitas, investimentos máxicos… Galiza comezou a poboarse de mamotretos infumabeis, inmobeis que efectivamente non foron mobeis nin sequera para que algunha vez se abrisen as súas portas (se é que as tiñan), polígonos empresariais que nunca se soubo cantos lados tiñan… e mesmo o cidadán de a pe comezou a xogar a investidor e a mercar cemento con tixolos para ver a que incauto llo podería revender polo dobre do que lle custou. E pobre do que erguese a voz para pedir sentidiño ante un máis ca inminente bloqueo da inercia económica: de seguido sería cualificado de inimigo do progreso, intervencionista, amigo de Fidel, hippie, pancarteiro, e outros epítetos ao uso.

Por todo isto, o acontecido con Martinsa-Fadesa non debería estrañar en exceso a quen fixo, por activa ou por pasiva, depender a boa parte da economía dunha sociedade deste novo e salvaxe “laissez faire, laissez passer”. Pero prepárense, porque cando clarexe o panorama, xa escoitaremos a algún destes cantaruxar de novo aquilo de “Cementar, cementarei, loguiño de clareaaar”.

19/07/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso