O retratista da memoria

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

Nove Ondas

O retratista da memoria


Etiquetas: fotografía, arte, Terra de Montes, Rosa Aneiros

Rosa Aneiros.

A primeira calor do verán levou consigo a Virxilio Viéitez, como se o lume dun flash tardío consumira o seu derradeiro alento. O fotógrafo de Soutelo de Montes pechou na súa retina imaxes que constitúen a memoria dunha época, de varias xeracións, da nosa propia vida.

Pero el soubo facelas negativo primeiro e papel despois. Soubo tratalas co líquido máxico que nos revela o que o ollo ve e, tamén, o que o ollo non ve. O instante decisivo de Cartier-Bresson ancorado nunha silveira de Forcarei, atravesado nunha bancada cun cocho aberto en canal, deitado nun rego, ao pé dun palleiro onde unha ducia de rapazas ollan o obxectivo con dignidade e orgullo trala sega. As mulleres que ficaban soas namentres os homes emigran mandaban fóra os seus retratos austeros abrazados a unha radio ou a unha pranta de ornamentación para amosar o progreso que chegaba á aldea dacabalo das remesas de ultramar. Todos estaban alí pero só o ollo portentoso de Virxilio Viéitez soubo velo.

Porque para ver fai falta moito máis có sentido da vista e o fotógrafo ve máis alá das cores, o fotógrafo chega a retratar as almas, os números da cartilla de aforros, os pesares dos ollos, as doenzas do corazón, os sucos abertos nas mans, a terra que nunca escapa das unllas, o esterco que se agocha para negarlle a eternidade. Neste ano en que conmemoramos o setenta e cinco aniversario da chegada da radio a Galicia a muller de Virxilio Viéitez que abraza un transmisor devólvenos como un relampo a memoria do que fomos. E andará agora o Virxilio a retratar rostros de anxos namentres seu veciño, Avelino Cachafeiro o gaiteiro de Soutelo, bota unha repichoca. Por aquilo de alegrar os ceos logo de tanta negrura.

22/07/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre






Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso