Ridículo

Datos de interés

  • Jueves 28.08.2008

Ridículo


Etiquetas: lengua, Jaureguízar

Jaureguizar.

Hai persoas ás que non lles importa facer o ridículo en varias linguas. Eu son unha delas. En todas as miñas primeiras visitas a Portugal, non había un hotel no que non contestasen en italiano aos meus intentos por falar no idioma do país.

O meu galego forzado a luso pasaba por italiano, pero mesmo en Italia aconteceume: falaba en galego cuns amigos nun restaurante e un camareiro interesouse pola procedencia do dialecto do italiano no que conversábamos. O peor para os amantes da poliglosia coma min é Portugal: en canto se che escapa unha palabra que eles perciben como española, lánzase a esnaquizar o castelán.

O efecto en Francia é o contrario, xa lles podes falar de Don Quichotte (como se chama a rúa que o personaxe de Cervantes ten en París) en español, que eles se manteñen na súa lingua. Os galos unicamente dialogan na lingua que nos une a todos, o inglés, cando se convencen de que non hai alternativa. Por iso eu falo francés en Francia. O meu francés ten pouco xeito, pero eles amósanse encantados de que me esforce tanto en coordinalo gramaticalmente. Así que eu falo un francés de aprobado misericordioso no bacherelato e eles sorrín e mesmo corrixen con coquetería os meus erros nas construcción. ¿Esperarán que a conversión de Carla Bruni sexa masiva?

23/07/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso