de actualidad
Juan Ignacio Zoido J.I. Zoido
Opinión
 
Votacion: 
No hay votos
0

Podemos

NON SEI se son o único ao que o debate nas redes sociais entre Pablo Iglesias e Íñigo Errejón lle soa a liorta de dúo Pimpinela ou, dito doutro xeito, a pura impostura para atraer a atención duns medios de comunicación que, en cuestión de culleriñas políticas, pican á primeira tirada.

Creo que desde a aparición dese fenómeno político que é Podemos, a estratexia marcada polo núcleo duro estivo sempre clara: provocar, espolear e recoller froitos. Unha táctica que lles serviu para converterse en terceira forza do Congreso, moi preto do PSOE; gobernar en grandes cidades, e manterse electoralmente a pesar dunha dinámica de acoso e derruba por parte deses poderes fácticos aos que non lles interesa que haxa alternativas desestabilizadoras e perturbadoras do statu quo.

Agora que non hai eleccións no horizonte, Podemos prepara o seu Vistalegre II, unha asemblea na que van decidir como administrar ese éxito relativo durante o que poida quedar de mandato. E como queira que falamos dun partido emerxido do impacto mediático, ten que preparar o terreo para chamar a atención e activar a ese público que gusta da regueifa, malia que só sexa como pasatempo. Sen embargo, o que seguramente sairá dese foro será unha estrututa máis semellante á dos partidos tradicionais e que rache coa improvisación á que se tivo que ir adaptando desde a súa eclosión como forza político. E o demais son só alboradas e bombas de palenque.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.