de actualidad
Reset Es Actualidad Reset
Opinión
 
Votacion: 
No hay votos
1

Xarro chinés

JOSÉ MARÍA Aznar non quere ser un xarro chinés, deses que malia ao seu valor histórico ninguén sabe onde colocar porque desentona co decorado. Por iso o ata agora presidente de honra do PP acaba de anunciar que renuncia ao cargo para ser un militante máis, aínda que seguramente as súas opinións non van ter as mesmas repercusións cás dun afiliado do distrito de Chamberí.

Aznar mantén sen embargo a presidencia de Faes, ata hai uns meses o laboratorio de ideas do partido, pero que logo de desvincularse del pode acabar mesmo convertido nunha forza política independiente, capaz de aglutinar aos sectores do PP máis conservadores e cun perfil similar aos partidos xenófobos en auxe en Europa, como a Fronte Nacional francesa, Alternativa para Alemania, o UKIP británico ou o Partido da Liberdade de Austria.

A diferencia destes países, onde a presión migratoria e o terrorismo islamista está alentando o discurso de ultradereita, en España o campo abonado para a Faes é a ameaza separatista de Cataluña e o País Vasco e, en menor medida, o control dunha inmigración que de momento non está a xerar problemas de convivencia coma nos países ricos da vella Europa.

E ese decorado, no que a Lei de Memoria Histórica mesmo pode ser usada para acender o lume da lareira, vai ser seguramente o lugar máis acaído para colocar ese xarro chinés do que Mariano Rajoy acaba de desfacerse con moito gusto.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
embustero jueves 22 de diciembre de 2016, 09:15
1

A min gustame ser xarro chinés, moitísimo. ¿ E porque deixaríalo? Perderíase a honra....?