EN DIRECTO

Siga todo lo que ocurre en Barcelona tras el atropello en La Rambla

de actualidad
foto Ignacio González
Opinión
 
Votacion: 
No hay votos
0

Vixiados

A CAPITAL lucense afronta desde a última gamberrada que tumbou unha das súas esculturas máis senlleiras un debate sobre a necesidade de recorrer ás cámaras de videovixilancia para tentar reprimir condutas incívicas. O recurso xa está a ser xeralizado na esfera privada ou na empresa, con todo tipo de ferramentas dispoñibles para evitar roubos ou mesmo para controlar empregados. A lexislación moitas veces vai por detrás dos avances técnicos e só cando a sociedade se decata de que a seguridade se impón ao dereito á intimidade comenza a elaborarse unha regulación.

Pero se a videovixilancia resulta inquietante cando nos decatamos de que hai cámaras que seguen todos os nosos pasos, desde a aparición das redes sociais temos un novo motivo de preocupación se non se ten coidado co que se publica. De feito, Estados Unidos acaba de anunciar que pedirá información sobre os perfís nas redes sociais daquelas persoas que soliciten entrar no país, sempre baixo a premisa de que todos son sospeitosos ata que demostren que son de fiar.

A seguridade foi o argumento co que Donald Trump convenceu aos estadounidenses de que debía ser el o seu presidente, así que nós como sociedade teriamos que preguntarnos tamén se preferimos apostar por incrementar a vixilancia para estar máis seguros ou por fomentar o respecto aos demais. Claro que para o segundo aínda non hai tecnoloxía disponible, só horas e horas de educación.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.