de actualidad
Alfonso Pato Es Actualidad Alfonso Pato
Opinión
ENTRE DOUS 
Votacion: 
1 (1 voto)
0

TVE fomenta o separatismo catalán

A TVE considera estranxeiro un dos equipos máis importantes da Liga, o FC Barcelona. E iso, en Cataluña, onde este ten a base principal dos seus seareiros, fomenta o independentismo, pois dá argumentos ao vitimismo catalán. A televisión de todos non só ataca sistematicamente o club, senón que nunha competición europea defende ao rival. Non me imaxino ningunha televisión francesa, e menos a pública, poñendo en dúbida un triunfo dos seus representantes nun enfrontamento contra calquera de outro país, incluído o Mónaco, pertencente a un Estado distinto pero que xoga na Ligue 1. Pois TVE, sempre tan agresiva co principal rival do Real Madrid, provoca un efecto búmerang no que busca. Pero o das teles é delirante informativamente. Nunha, o día que o Celta se clasificaba para oitavos de final da Europa League a principal noticia era que Ronaldo xantara cochinillo en Segovia.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.