de actualidad
Ángel Correa Ángel Correa
Opinión
ENTRE DOUS 
Votacion: 
No hay votos
0

Votar ditadores

DI O DICIONARIO da RAE que populismo é a tendencia política que pretende atraerse as clases populares. Totalmente lícito, igual que calquera outra querenza por conseguir apoio cidadán co que lograr os seus fins. Entón é estraño que populismo se convertera nunha acusación, a non ser que sexa considerada maligna calquera cousa nova, que defenda cambios substanciais. O problema é se eses propósitos son contrarios aos dereitos humanos, e aí si que non se podería transixir. Hitler gañara unhas eleccións e outros partidos xenófobos e ultradereitistas que poden entrar dentro do catálogo dos considerados populistas alcanzaron moi bos resultados electorais, pero non chegaron ao poder pola unión de todos os demais ante o perigo que representaban. Caso de Austria a finais do século pasado. En Holanda a Wilders tampouco o deixarán gobernar, pero a ver que pasa con Le Pen en Francia.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.