de actualidad
Griñán y Chaves Griñán y Chaves
Opinión
A TECELÁ EN OUTONO 
Votacion: 
5 (8 votos)
2

Gabanza dos burros

NESE ITINERARIO escultórico-poético que vai da Praza Maior á rúa Bispo Aguirre, en Lugo, podemos ler xunto ao relevo de Castelao: «Os homes non queren ser burros». A frase, dunha das súas ´Cousas da vida`, pode semellar unha simpleza a quen ignore a segunda parte do diálogo que manteñen dous asnos: «Queren ser leóns, tigres, panteras, elefantes...».

E si. Acontece que, xa o uso que se lle dá ao seu nome, como cualificativo pexorativo, a indicar falta de intelixencia, reflicte o menosprezo que desde vello se lles vén profesando.

É ben gráfico Castelao contrapoñéndoos con animais agresivos ou de gran tamaño para que nos decatemos do desprezo que mostramos pola docilidade, mansedume, traballo humilde e mesmo austeridade, atributos todos que adoitan acompañar a este simpático animaliño. Fronte a iso, escollemos a prepotencia e agresividade.

Porén, os burros foron decisivos outrora en pequenas economías de pura e dura subsistencia, a faceren traballos de transportes diversos por lugares que non podían transitar os carros ou para quen carecía deles por non ter tampouco xugada que os arrastrase.

Coa chegada dos tractores, grandes ou pequenos segundo as necesidades e o poder adquisitivo de cadaquén, os asnos foron perdendo a súa función e sendo considerados inútiles. A uns deixábanos morrer de vellos, por un aquel sentimental, doutros desfacíanse por calquera vía. O conto é que nos alertan do perigo da súa extinción; non só aquí, senón noutros lugares do Estado Español e mesmo alén mar.

Cómpre recoñecerlles ás asociacións ecoloxistas a concienciación e impulso de diversas iniciativas para atallar a que sería unha perda irreparábel. Mesmo as hai co este único obxectivo. Supoño que ía nesta liña o agasallo dunha parella de asnos que o Nobel Camilo J. Cela lle fixo á infanta Elena cando casou con Marichalar.

Mais, o que de verdade lles garante a supervivencia, é a súa utilidade. En Allariz seica fan o gran servizo de limpar os montes, evitando así incendios. Hai poucos días escoitei na radio que eran moi eficaces na defensa dos rabaños fronte aos lobos. Disque se defenden moi ben dos cánidos e, se non poden con eles, sempre alertan. Hai unha iniciativa neste senso da Deputación de Castilla-León.

Na miña memoria hai tres, aquel «pequeño, peludo y suave» chamado Platero, outro ao que lle pediu un vello crego que marchaba á casa natal despois de ser capelán nun pazo en Rivas Pequenas: «arre, Pachín, vai levar os ósos deste vello pra Guntín» (era tan pequeno o animal e tan alto o cura que, contan, daba cos pés no chan). E o do señor Pedro, o Trapeiro, que non tiña nome, mais sigo a xogar con el nos recordos da infancia.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Sergio martes 6 de junio de 2017, 14:45
2

Cando eu era neno habia na casa una burra chamada Cuca, un animal adorable.

imagen de usuario
Conxa Macià Sanchez domingo 9 de abril de 2017, 09:03
1

Com sempre acertadisim. Coma poeta, Marica és un 10 i com a prosista igual o més. Acertadissim el tema, l'estructura i la magistral manera d'utilitzar la llengua.