Opinión
ENTRE DOUS 
Votacion: 
No hay votos
0

O escenario nunca será o mesmo

NON SE SABE empiricamente, porque non se chegou a votar para coñecelo, pero unha pulsión superficial evidencia que Cataluña está dividida máis ou menos pola metade entre partidarios da independencia ou de seguir no Estado español. Nesa fragmentación, algúns partidos e os seus seguidores teñen unha postura homoxénea (ERC e CUP decididamente partidarios da ruptura e PP e Cs de todo o contrario), outros case (en PDeCAT hai unha mínima parte que non é secesionista, igual que no PSC hai unha corrente que votaría a favor da escisión) e un no que conviven as dúas posicións (Catalunya en Comú, pero ambas as dúas defenden que os cataláns poidan manifestarse nas urnas). Haberá referendo ou será un simulacro coma o 9-N, pero a situación de fraccionamento social e político aventura un novo escenario para o que os partidarios da segregación semella que levan a dianteira.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.