Opinión
ENTRE DOUS 
Votacion: 
5 (1 voto)
0

Termos políticos

NO DEBATE das primarias do PSOE entre os tres aspirantes a secretario xeral Patxi López preguntoulle a Pedro Sánchez se sabía o que era unha nación, deixando en evidencia que quen o descoñecía era el, porque non é sinónimo de Estado, como erroneamente está estendido. O asunto, político, non xurídico-administrativo, pretende deixalo claro o líder socialista nestes meses previos á consulta en Cataluña, cando exemplifica países compostos por nacións en contraposición aos unitarios. Bélxica é un caso diáfano, pois incluso no Consello de Ministros teñen que recorrer a tradutores pois en cada territorio existe unha lingua oficial. O mesmo ocorre en Suíza, un Estado plurinacional no que ninguén cuestiona a unión a pesar da diversidade. Pola contra hai nacións que pertencen a dous estados, caso de Corea, ou incluso estados sen nación, como Mónaco ou San Marino. A ver se queda claro.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.