Opinión
 
Votacion: 
4 (4 votos)
0

Cacao tan amargo

O IMPACTO da actividade humana sobre o planeta é tan grande que inicia unha nova época xeológica: el Antropoceno ou Idade dos Humanos. Somos más de 7.600 millóns. Cos animais domésticos como vacas e cabalos, porcos, coellos, ovellas e cabras, polos e mascotas ocupamos xa a maior parte do territorio habitable. Os outros veciños do planeta, os animais salvaxes e o bosque primixenio son estabulados en pequenas reservas, como indios empobrecidos no esmorecente Far West planetario.

Exemplo do que está pasando é o cacao, cunha demanda imparable e crecente para a voracidade e o gusto humano polo exquisito que cada ano medra entre o 2% e o 5% máis. O seu prezo non é caro. Quen paga a maior parte da factura son os ecosistemas, bosques virxes, a selva tropical de Costa de Marfil, do Congo, Indonesia, Perú.

Agora o 70% do cacao prodúcese en África. A voracidade de só tres multinacionais, que controlan máis do 50% do cacao, están a comer a bocados o medioambiente, a economía pouco diversificada de países fráxiles, os dereitos dos traballadores. Cada libra de doce chocolate, de fumegante cacao éche un paso adiante na deforestación e un ataque irreversible a zonas protexidas, selvas e parques naturais.

"Yo soy aquel negrito, del África tropical, que cultivando cantaba la canción del colacao". O pobre negro da canción eslómbase para que non falte chocolate no mundo rico. O 70% do cacao que cultiva o 'negrito' prodúcese na zona que vai de Serra Leoa ata Camerún. En Costa de Marfil apoderouse da paisaxe expulsando o bosque autóctono, acantoando toda vida salvaxe, expulsando a biodiversidade e condenando a todo un país ao monocultivo, maldición dos pobres e penúltimo chanzo cara á dependencia. Seis millóns de marfileños dependen da planta do cacao. A selva retrocedeu un 80% e vintetrés parques naturais desapareceron. En Costa de Marfil non queda un só colmillo de marfil e os elefantes sobreviven nos emblemas e no escudo do país.

Pero o bandullo humano é insaciábel, sobre todo o que xa está sobrealimentado. E quere cacao, máis cacao, un 5% máis cada ano e iso que xa consome tres millóns de toneladas anuais e move 85.000 millóns de euros. Mentres que o PIB de Costa de Marfil, principal productor de cacao do mundo é de 32.672M de euros.

O chocolate escuro tapa escuros negocios de corrupción e financiación de guerras civís. Este modelo depredador quere exportarse a outros países como se fora unha reedición daquelas repúblicas bananeiras dominadas polas multinacionais norteamericanas da froita.

O 'negrito' segue cantando a canción do cacao que se beben os insaciábeis bandullos do mundo rico. Cando limpa os beizos quéixase dos negros asaltando as concertinas que protexen o paraíso. Fuxindo do cacao tan amargo.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.