de actualidad
Marcelo Marcelo
Opinión
MADIA LEVA 
Votacion: 
3.4 (34 votos)
10

'Seny' siso ou senso

FALEMOS DUNHA sorte de ponderación mental que predispón a unha xusta percepción, apreciación, comprensión e actuación. Un concepto semellante, en certo modo, á sagesse francesa ou ao common sense inglés. Mais o seny, sen dúbida, posúe un sentido máis complexo, circunspección incluída; algo que Ferrater Mora, un clásico, liga coa "sensatez", sen refugar neste caso —ninguén se sorprenda, así o declara o filósofo— unha aproximación comparativa co significado noso de "saudade". O seny, en proxección, como algo constantemente revivido e tamén como experiencia reflexiva. Velaí.

José Antonio Martín Pallín, maxistrado emérito do tribunal Supremo e exfiscal do mesmo, non dubida en defender para Cataluña unha proposta de "referendo pactado" baseada na "vía canadiana" para o Quebec: celebración dun referendo non directamente vinculante, coa obriga posterior do Goberno, no caso de que gañase por vía democrática a independencia, de abrir un proceso para negociar a secesión. Xa ven vostedes. ¿É o prestixioso xurista —galego, por certo— un perigoso arredista? ¿Ou é alguén que, dada a realidade obxectiva existente, trata de aplicar o seny, a sagesse ou common sense, o sentidiño?

E sigamos con maxistrados. Porque máis de 30 maxistrados e xuíces cataláns, moitos deles de máximo prestixio e recoñecemento na xudicatura catalá, apostan tamén polo "dereito a decidir" e sosteñen mesmo que o recoñecemento deste dereito está confirmado pola Constitución, apelando a varios artigos constitucionais sobre a liberdade e a igualdade de dereitos dos cidadáns para tomaren "decisións políticas de especial transcendencia" (artigo 92 da mesma). ¿Estarán trabucados os maxistrados e xuíces cataláns? ¿Ou serán donos estes dunha suficiente ponderación mental que predispón a unha xusta percepción, apreciación, comprensión e actuación? Xulguen vostedes. O catedrático de dereito Constitucional Javier Pérez Royo, con gran coñecemento na materia e non menos ponderación académica, afirma de xeito natural que, en democracia, o sistema político español non pode impor a Cataluña o "aquí mando eu". E miguel Herrero de miñón, de estirpe conservadora e pai da Constitución, proclama que Cataluña "é unha nación e que os seus dereitos históricos e nacionais deben ser sempre reafirmados e conservados". Literal. E, entre tanto, a Conferencia episcopal pide "diálogo".

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
SOUSA-POZA lunes 9 de octubre de 2017, 11:54
10

En primer lugar, cabe preguntarse si un referendo es metodo mas democratico para dirimir este tipo de contenciosos o si se trata de una corrupcion democratica propicia para demagogos. El que un buen dia la mitad mas uno de los votantes decida el destino futuro de un pais parece un plato algo fuerte. No estamos decidiendo un alcalde de pueblo. En segundo lugar, Gran Bretanya no tiene constitucion y Cameron pudo permitirse el ordago del referendo de Escocia. Como siempre pasa con los ordagos, le salio bien el de Escocia y mal el del Brexit. En tercer lugar, Canada es un pais anglosajon y siguio las pautas britanicas. Aun asi hay que tener en cuenta que Quebec fue un territorio que los ingleses arrebataron por las armas a los franceses mientras que Catalunya, como parte del reino de Aragon, es miembro cofundador del Estado espanyol. Diferencias haberlas haylas pero quiza nuestros ilustres jueces y magistrados le tengan un cierto temor reverencial a los referentes anglosajones. Eso de pensar uno por si mismo, es una jodienda ... Que piensen ellos!

imagen de usuario
¿En que quedamos? domingo 8 de octubre de 2017, 14:07
9

#7 No seu momento engadiu: «Momentos de visceralidade podemos telos todos». ¿ foi unha metáfora ou visceralidade?

imagen de usuario
mantenidos domingo 8 de octubre de 2017, 13:56
8

Primero hai que ter independencia económica e OS catalana non a tienen,con pensadores como vostede non se come ,con profesionais da subvención tamñouco e a Caixa Catalana acaba de decir o que prensa.

imagen de usuario
Miguel Anxo Fernán Vello domingo 8 de octubre de 2017, 13:25
7

Entendo que vostede trate de desacreditarme e de desprezarme: é a súa opción persoal e "política". No debate ao que vostede fai referencia, eu non dixen "todo convencido" o que vostede afirma (aí falta á verdade): dixen, dubitativo, que tiña que ser moito máis desa cifra. De todas maneiras, saiba o anónimo comentador que, aínda non sendo eu un político profesional, teño aprendido moito nestes últimos tempos e aprendo cada vez máis, porque tomo o meu traballo político moi en serio. E cando vostede afirma que "aínda tivo peito a chamarnos aos galegos 'ignorantes'", manipula vostede o por min afirmado: unha metáfora da dor e do amor polo pobo galego e ao pobo galego (tamén o dixeron no seu día Rosalía, a Xerazón Nós ou Celso Emilio Ferreiro), e non unha expresión de leitura realista como vostede fai.

imagen de usuario
sentidiño domingo 8 de octubre de 2017, 11:21
6

1º. É normal que unha persoa que representa a unha minoría aquí en Galicia, como é o caso de Miguel Anzo Fernán Vello, se faga eco do que opina unha minoría exigua de xuristas. Recórdolle que ate o de agora as actuacións do Tribunal Constitucional neste asunto foron adoptadas por unanimidade. 2º De cara a celebración dun referendo sería tanto ou mais importante ca súa legalidade o coñecemento da poboación afectada sobre a materia que se lle pregunta: motivos reais e consecuencias do resultado. O nivel de coñecemento do público polos electores é escandalosamente baixo, e deso tamén vostede se beneficia. Aínda recordo, cun sorriso, un debate electoral en V televisión onde Fernán Vello dixo, todo convencido, que o orzamento de España era de 800 millóns de euros ao ano. É logo desa afirmación, vostede saíu elixido deputado e aínda tivo peito a chamarnos aos galegos "ignorantes" a vista dos resultados das eleccións autonómicas. 3º Non remoa nin se esforce señor Fernán Vello. O futuro de Cataluña como país, estado, nación, etc... non vai ser decidido nin polos cataláns nin polo resto de españois. Ese futuro xa foi decidido hai unhos días por dous banqueiros e dous curas. Esa é a democracia que temos. O resto é todo un paripé para que a xente se desfogue e vostede cobre e camiñe pola rúa cunha carteira que pon "Congreso de los Diputados".

imagen de usuario
Sentidiño que diria Feijoo. sábado 7 de octubre de 2017, 22:50
5

http://youtu.be/r_-ktKtcP7w Menuda parrafada infumable...