"Xogo ás cartas de 'La fallera calavera', aínda que perdo"
→ Unha película
Fedora, de Billy Wilder. Aínda que pasa por ser unha obra menor pareceume moi suxestivo o seu exame crítico da identidade persoal e a súa exploración do vínculo entre as nais e as fillas.
→ Unha serie
Fleabag, de Phoebe Waller-Bridge, polo seu engaiolante enxeño. Narrada en ton de comedia, a serie somete a unha análise, a maior parte das veces implacable, a vida dunha muller de trinta e pico anos.
→ Un libro
Sopa de Wuhan. É un conxunto de ensaios de autores como Paul B. Preciado, Jean Luc Nancy, Alain Badiou, Markus Gabriel ou Byung-Chul Han, que estou lendo para pensar de que vai todo isto tan raro.
→ Un disco
O clásico de baladas de Johnny Hartman e John Coltrane, editado no1962.
→ Outra alternativa
Divírtome xogando co meu mozo a un xogo de cartas valenciano que se chama La fallera calavera, a pesar de que case sempre perdo eu.