Galiciaé ofréceche un curso online de monitor de tempo libre por 99 euros

Conoce nuestro Curso Online de Monitor de Tiempo Libre por menos de 100 euros
Por menos de 100 euros terás abertas as portas a todas as oposicións e bolsas de emprego para monitores

Este martes falámosvos do curso online de monitor de lecer e tempo libre, ao que vos podedes inscribir por só 99 euros, e que está certificado pola Universidade Antonio de Nebrija. A duración do curso online de Monitor de lecer e tempo libre é de 110 horas e abriravos unha gran cantidade de portas no mercado laboral.

Trátase da Certificación Universitaria de Monitor de lecer e tempo libre da Universidade Antonio de Nebrija que, ademais, inclúe catro créditos universitarios ECTS.

Unha vez acabado o curso, os alumnos que cumpran co nivel de satisfacción previsto (o 75% das respostas totais) recibirán por correo as titulacións correspondentes; ademais de poder entrar gratuitamente nas bolsas e ofertas de emprego tanto públicas como privadas. Antes, cada vez que finalicen un dos bloques temáticos nos que está estruturado o curso de monitor de lecer e tempo libre, terán á súa disposición unha serie de cuestionarios nos que comprobar que evolucionan de forma satisfactoria.

En canto aos contidos do curso, céntrase na xestión do tempo de lecer dos alumnos a través de técnicas de resolución de conflitos, comunicación e dinámica de grupos desde unha perspectiva psicoeducativa e recreativa. Aprenderemos actividades socioculturais, deportivas ou ao aire libre segundo a contorna en que esteamos, aprenderemos a planificar e aplicar as actividades e, como non, a importancia do monitor de lecer na educación dos nenos.