Mariano Rajoy podería optar a converterse no novo presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Así o avanzou este mércores o xornalista Juan Antonio Alcalá no programa 'El Partidazo de Cope', deixando claro que a posible candidatura do exxefe do Executivo estaría supeditada a que outro dos nomes coñecidos que soan como posible rival de Luís Rubiales, o porteiro Iker Casillas, non se presente finalmente ás eleccións que se celebrarán este ano 2020.
O político pontevedrés é un gran afeccionado ao deporte, e é especial ao fútbol, pero hai quen pensa que a aparición do seu nome podería deberse a unha manobra do presidente de LaLiga, Javier Tebas, inimigo declarado de Rubiales. "Dada a experiencia que tivemos, prefiro a calquera menos Rubiales", sinalou este mércores o presidente da patronal de clubs profesionais.
🚨 Noticia @partidazocope
— El Partidazo de COPE (@partidazocope) January 22, 2020
💥 Informa Juan Antonio Alcalá
😱 Si @IkerCasillas no se presenta a las elecciones de la @RFEF, el candidato alternativo sería @MarianoRajoy, que lo ve con muy buenos ojos#PartidazoCOPE pic.twitter.com/P518q7YuLl
En calquera caso, parece que a pelota está polo momento no campo de Casillas, que é aínda un xogador activo do O Porto.
Rubiales non atravesa o seu mellor momento, tras a saída de Ana Muñoz, que ata a semana pasada era a vicepresidenta de Integridade da RFEF, e tras saberse que será xulgado por presuntas agresións á arquitecta que o denunciou por unha suposta débeda de 120.000 euros na reforma da súa casa.