Unha muller denuncia ser violada por Neymar, futbolista do PSG e ex do Barcelona. Segundo a web brasileira UOL, a denunciante sitúa os feitos nun hotel de París o pasado 15 de maio.
Ambos coñecéronse, segundo esta web, a través de Instagram. A muller asegura que Neymar chegou ao hotel baixo os efectos do alcol e moi agresivo.
O astro brasileiro atópase concentrado con Brasil para xogar a Copa América.