Camilo Franco
07/dic./21 18:29
Alguén asegurou que na música popular había dúas categorías: The Beatles e o resto. Pasados 52 anos da súa disolución quedaban poucas cousas novas por ver da banda máis influínte de todos os tempos, pero Get Back era unha delas. A docuserie que Peter Jackson montou sobre as ilimitadas horas de gravación do que se chamaba Let it Be demostra, unha vez máis, que hai sempre unha diferenza entre o grupo e o resto. Incluso chegado ao final. Get Back, podía ser un final, pero non era o declive.
Camilo Franco
07/sept./21 16:47
A historia de The Beatles estase reescribindo desde Anthology (2003) ou por ese tempo. Non é que antes estivera mal escrita, é que todo estaba demasiado próximo. Un dos grandes animadores desta reescrita, da reorganización da memoria arredor da banda, é Paul McCartney que agora encontra no produtor Rick Rubin un admirador entregado a quen ir explicando en McCartney 3,2,1 as grandezas e as proezas do cuarteto máis famoso de todos os tempos.
Camilo Franco
08/ene./21 16:24
Pode ser que Paul McCartney se sinta perseguido por aquela fama que lle apuxeron nos 60 que o cualificaba como comercial, fácil, cando non directamente banal. McCartney leva feito moitísimas cousas para demostrar que as súas capacidades non teñen límites. Publica un disco absolutamente en solitario para demostrar, unha vez máis, que é o músico máis influente do século XX.
Camilo Franco
06/oct./20 21:02
Ou estamos maiores nós ou están maiores as consignas. John Lennon faría 80 anos neste venres e Yoko Ono está delicada de saúde. Formaron a parella artística do século XX mesmo alén da outra gran parella dese século: Lennon-McCartney. Ono é vítima da súa biografía, pero non hai que fiarse das aparencias. Eles decidiron así a súa vida, por máis que artisticamente unha e outro estivesen nos antípodas. Todo o mundo sabe quen son, pero coñecer é outro verbo.
Camilo Franco
22/sept./20 21:13
Os aniversarios de escritores sirven para matalos unha e outra vez, cada ano. Acaban como mártires da súa propia causa, mesmo aqueles que non foron grandes defensores do seu propio ego, que son os menos.
Camilo Franco
28/jul./20 21:11
Un colapso non é un accidente. É un proceso con mal fin. Un proceso que acaba mal pese a que polo camiño todo o mundo saiba que vai acabar mal. En moitos sentidos, un colapso é o resultado de non querer entender correctamente os síntomas. Os electorais, os económicos, os políticos. L’Effondrement (O Colapso) é unha serie sobre todas as cousas que faremos en canto todo o que consideramos seguro e sistémico se desvaneza. E non é unha serie apocalíptica
Camilo Franco
30/jun./20 20:46
Non sei canto de graza ten que facer xogar nunha historia que ten como orixe unha apocalipse bélica continuada dunha pandemia planetaria que infecta aos humanos ata convertelos en monstros dunha agresividade superior aos zombis, e aos humanos limpos, en máquinas de matar a outros humanos limpos por quedarse cos recursos. Graza non ten, pero esa é a proposta de The Last of Us na segunda parte que, como no caso de The Goodfather, desminte o refrán e supera a primeira.
Camilo Franco
09/jun./20 20:41
Estabamos algo dubitativos por se os noventa volverían. Que se a poesía dos noventa ou as olimpíadas, as americanas inmensas ou o furor pola fariña como estimulante de clases activas. Tiñamos dúbidas sobre se esa década volvería a nós, pero agora sabemos que si. Que xa chegou e non deixa de comernos os debates. O revival chega cun documental e un retrato. The Last Dance (O último baile) e Michael Jordan están na conversa e case nos mesmos termos que naquela altura das madrugadas dos anos 90.
Camilo Franco
29/abr./20 21:27
As identidades con problemas de aceptación acaban producindo literatura. Non é exactamente o último recurso, pero quizais non sexa o máis caro. Phillip Roth escribiu unha novela á que Trump veu dar toques de verosimilitude contemporánea. Desde aí, pola man de David Simon, deullos a unha serie.
Camilo Franco
07/abr./20 22:20
Ultimamente buscamos a Shakespeare ou a Amancio Ortega por todas as partes. Temos esa necesidade compulsiva de encontrar o referente. O que nos sirva de medida para todas as cousas unha vez que non queremos utilizar a razón. Non somos tan diferentes con ou sen confinamento porque ao final, como diría Coque Malla, faremos o de sempre: aproveitaremos o virus para falar do noso sen razoar que o virus de sempre somos nós.
Camilo Franco
24/mar./20 22:21
A corentena debería servir para calcular que a sociedade é máis feble do que nos parece a diario. Aparece un virus e todo o que estaba organizado precisa de revisión. Deberiamos calcular que precisamos máis sociedade, máis organización, máis colectivo; que a cultura é máis útil do que se vén dicindo nos últimos trinta anos. As cousas importantes agora parecen máis útiles que nunca. De papel hixiénico vou ben
Camilo Franco
11/feb./20 20:27
As comparacións son preciosas cando se fan ben. Revelan prexuízos, pero que tire o primeiro teclado quen non os teña como primeira arma contra o asalto permanente das razóns de peso. Comparemos dúas series sen case nada en común no punto de partida, The Accident e Watchmen. No de chegada, en cambio...
Camilo Franco
03/ene./20 19:47
O gran ganador do nadal non é o papa de Roma. O gran ganador das festas dos bos desexos é Disney, capaz de blanquear o humor, a acción, e de deixar calquera historia en algo insípido, incoloro e ata indoloro. O gran invento de Disney foi o público familiar e desde esa plataforma do rebaixe acabou por ocupar todo o mainstream cultural utilizando o nadal como punto de desembarco para facerse con todo o entretemento occidental para maiorías.
Camilo Franco
17/dic./19 20:23
Na vida de Hernán Cortés hai máis mito que historia e unha serie de televisión non é o mellor modo de cambiar esta circunstancia. Amazon Prime Video estrenou Hernán como unha superprodución para unha historia que podería ser épica, apocalíptica, romántica, que incluso podería ser certa, e que finalmente non é ningunha destas cousas. Queda en terra de ninguén e non hai que descartar que Cortés tentase o mesmo cando chegou a Tenochtitlan.
Camilo Franco
04/dic./19 17:15
O Centro Dramático Galego nunca acabou de encontrar o seu lugar na sociedade galega. Foi institución fundamental da cultura autonómica, foi xoguete de conselleiros, foi principal empregador da profesión escénica, deulle moito pola comedia e entre todos estes cometidos non acabou de ter contrato fixo. Agora soan as campás dos recurtes como nunha novela de Hemingway. Soan a morte en vida
Camilo Franco
19/nov./19 20:20
Jack Kerouac (1922-1969) naceu cun nome moito máis longo e da súa morte acaba de facer medio século. Era 1969 e Occidente estaba xa en recesión sentimental: adeus ao amor, adeus ás flores, adeus á idea dun mundo sen outra obriga que a de vivir como cadaquén quixese. Era un obxectivo imposible, pero durante case sete anos pareceu que non. Que había que facer o amor e non a guerra e o mundo funcionaría algo menos mal.
Camilo Franco
29/oct./19 19:51
É posible que esteamos indo ao teatro para conseguir algunha verdade que xa non se conta noutro lugar. Arredor de contar historias foise tecendo nos últimos anos unha certa unanimidade: todas son medias verdades que é tanto como dicir que todo é unha mentira contada sin convicción. O teatro busca verdades contables, historias que devolvan ao espectador ao lugar do que procede: a realidade
Camilo Franco
15/oct./19 23:01
Hai un punto en toda historia na que o ceo carga tormenta e non estou escribindo do Joker e como unha revolución pode comezar porque si, porque lle peta, porque alguén non conseguiu un tratamento axeitado. Escribo de Chévere que mentres estreaba Curva España deu coa Curva Teo
Camilo Franco
24/sept./19 20:24
Estamos en 1964. Un cuarteto encamíñase ao estudo para grabar un disco que cambiará a interpretación da música. John, McCoy, Jimmy e Elvin rexistran A love supreme. Meses antes, nos mesmos estudos de New Jersey tocaran case 40 minutos para unha banda sonora. Esas sesións son o novo disco de John Coltrane, Blue World, que se publicará o venres
Camilo Franco
04/sept./19 20:39
Cando me falan da realidade sempre teño unha disputa. Como cando me falan de política. Das dúas cousas entrefrebadas vai Years and Years, unha serie que comeza no presente e remata no futuro. Unha demostración de como a política pesa na vida cotiá da xente. Unha serie que conta a historia dunha familia en malos tempos. Unha serie política.