James deberá pagar máis de 11 millóns de euros por fraude fiscal

A Axencia Tribunaria atribúe ao exxogador do Real Madrid unha fraude de 6,35 millóns

James Rodríguez. EP
photo_camera James Rodríguez. EP

O exxogador do Real Madrid James Rodríguez deberá pagar unha multa de 11,65 millóns en España por unha fraude fiscal que lle atribúe a Axencia Tributaria.

Ao futbolista que agora milita no Bayern de Múnic atribúeselle unha fraude fiscal de 6,35 millóns de euros pola falta de pagamento dos seus dereitos de imaxe durante a súa etapa no conxunto madrileño.

Comentarios