Morre un motorista ao chocar cun gardarraíl en Muíños

A pesar das manobras de reanimación do persoal do 061, o condutor non conseguiu recuperarse

Un motorista faleceu este sábado ao chocar cun guardarríl en Muíños (Ourense), informa o 112.

O suceso produciuse pouco antes das 15.00 horas na estrada da Porqueira, a OU-1201, que une Muíños coa localidade de Bande.

Outro condutor pediu asistencia médica para o motorista, que acababa de saírse da vía co seu vehículo.

A pesar das manobras de reanimación do persoal do 061, o condutor da motocicleta faleceu pouco despois