Hospitalizadas tres persoas en Ourense por inhalación de fume

O suceso produciuse polo incendio nun edificio da capital ourensá

O 112 Galicia tivo constancia este xoves dun incendio declarado nun edificio en Ourense a través do aviso dun particular ao fío da medianoite, un suceso que acabou cun traslado conxunto ao centro médico por inhalación de fume, informou o 112.

A persoa que avisou indicou no seu relato que había moito fume nas escaleiras do inmoble e engadiu que había xente no interior.

Os feitos tiveron lugar no edificio Viacambre, que consta de dez plantas e está situado na rúa do Paseo, á altura do número 30.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume, que se orixinou nun colchón, calcinou a habitación dunha vivenda. Tres persoas tiveron que ser trasladadas por inhalación de fume ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Comentarios