Evacuan a unha muller na Coruña ao rexistrarse un incendio na súa casa

A vítima tivo que ser trasladada a un centro hospitalario por inhalación de fume

Unha veciña da Coruña foi trasladada na madrugada deste venres a un centro hospitalario por inhalación de fume ao rexistrarse un incendio de escasa consideración na súa vivenda.

Os feitos rexistráronse nun piso da Rúa da Mercé. O lume declarouse nunha tixola e non tivo maiores consecuencias. De feito, os Bombeiros unicamente tiveron que ventilar a vivenda.

Unha persoa particular alertou ao 112 Galicia de que vía saír fume por baixo da porta da vítima á 1:20 horas da madrugada. Informouse aos Bombeiros da Coruña e a Urxencias Médicas.

O persoal do Centro de Atención ás Urxencias do 112 tamén explicou a situación a Protección Civil e á Policía Local.

Comentarios