Elías Ledo Vázquez, un novo membro de Down Compostela, de 29 anos, conseguiu unha praza de uxier no Parlamento de Galicia, a primeira praza para persoas con discapacidade intelectual do organismo.
Segundo indicou Down Compostela, o mozo comezou a preparar oposicións no ano 2012 e centrouse nesta convocatoria no momento en que foi feita pública, iniciando os seus estudos en setembro de 2017.
O proceso selectivo, ao que se presentaron máis de 200 persoas de toda Galicia, estaba reservado a persoas que acreditasen unha discapacidade intelectual e tiña por obxecto impulsar a inserción laboral do colectivo.
Tras coñecer a noticia, Elías mostrouse "moi contento por conseguir este traballo", que lle permitirá avanzar na súa loita por levar unha vida "máis autónoma e independente", dixo Down Galicia.