A Xunta aprobou este luns unha nova edición do Bono Concilia cun incremento da súa dotación económica do 73%, ata os 2,6 millóns de euros. Trátase dunha axuda pensada para apoiar ás familias co fin de que poidan atender as necesidades puntuais de conciliación. A convocatoria abrirase este mes.
Con estes fondos, o obxectivo é chegar a 13.500 fogares, isto é, 2.500 máis que en 2023, segundo avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego. “Queremos axudalas para que poidan chegar a unha conciliación máis axeitada ás súas necesidades”, indicou o mandatario.
Desde 200 euros por neno a 500 por unidade familiar
As axudas irán desde os 200 euros por neno ata
Xunto co aumento da dotación orzamentaria, outra novidade nesta edición é que se ampla a idade dos nenos que dá dereito ás familias a acollerse á convocatoria. Se agora podían beneficiarse fogares con menores de 13 anos, nesta ocasión admitirase aos nenos que cumpran 13 ao longo deste ano.