Tres persoas resultan feridas tras a colisión de dous turismos en Santiago

Todas —unha delas, menor— foron trasladadas ao hospital

Tres persoas, unha delas menor de idade, recibiron este mércores atención médica a consecuencia dunha colisión entre dous vehículos no concello de Santiago, informou o 061.

O aviso recibiuse na central de coordinación ás 10.07 horas e ao lugar do suceso enviáronse dúas ambulancias asistenciais e unha medicalizada.

Todos eles foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Comentarios