Unha persoa ferida nun atropelo en Narón

O suceso produciuse nun paso de peóns próximo á rotonda de Freixeiro

Unha persoa resultou ferida esta tarde como consecuencia dun atropelo en Narón.

O suceso produciuse ao redor das 17:20 horas nun paso de peóns.

O peón cruzaba o paso situado á beira do río nas inmediacións da rotonda de Freixeiro cando foi arroiado por un automóbil.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse os servizos de Urxencias Médicas e efectivos da Policía Local de Narón e de Protección Civil.

Comentarios