Os candidatos de Vox en Galicia: da tía de Abascal a un militar na reserva

En Lugo presenta a un empresario madrileño e na Coruña a un avogado 

Begoña Conde y Antonio Budiño. AEP
photo_camera Begoña Conde y Antonio Budiño. AEP

Begoña Conde Álvarez, tía do presidente de Vox, Santiago Abascal, natural do País Vasco, ocupará o número un da candidatura de Vox ao Congreso pola provincia de Ourense mentres que a docente Cristina Bravo Bosch concorrerá como número un na lista ao Senado.

Doutora en Ciencias Políticas e licenciada en Sociología, o presidente da xestora en Ourense, Julioo Vázquez, defendeu en declaracións á prensa esta fichaxe para a provincia tras destacar as súas raíces galegas, que lle permiten coñecer "a problemática" da provincia, dixo.

A pesar de que non ten vinculación directa con Galicia, a xestora manifestou o seu convencemento "de que coñece Galicia e os problemas de Ourense" dado que ten familiares nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense para ratificar a súa "vinculación con Galicia".

Así mesmo, Vázquez subliñou a aposta "clara e decidida" do partido pola provincia ourensá, na cal confían en ter polo menos un deputado, coa incorporación dunha parente de Abascal.

Conde foi militante do PP e en 2015 presentouse como número cinco na lista dos populares para as municipais de Amurrio, onde Abascal ocupaba o número tres. Tamén foi nas listas de 2011 como suplente.

OS OUTROS TRES CANDIDATOS. En Lugo, o partido de ultradereita sitúa como cabeza de lista a un empresario con domicilio en Madrid, Juan María Abascal Castañón, con residencia no barrio de Salamanca. A formación non quixo confirmar se ten algún parentesco con Santiago Abascal. 

Desde hai días sábese que Antonio Budiño encabezaría a candidatura por Pontevedra. É xeneral de División do Corpo de Intendencia do Exército de Terra en situación de reserva. Nacido en 1955 en Pontevedra, se graduó como tenente do Exército en 1976. 

Mentres que na Coruña o número un será Miguel Ángel Fernández, nacido en Ferrol e fincado na cidade herculina.

Comentarios