Unha planta con trampa "": promete acabar con pragas nos cultivos de pataca

Un grupo de investigadores da UVigo desenvolve un proxecto que utiliza este vexetal para combater nematodos e duplicar beneficios nas plantacións
Un cultivo de patatas. UVIGO
photo_camera Un cultivo de patatas. UVIGO

Un grupo de investigación da Universidade de Vigo (UVigo) desenvolve desde finais do 2022 o proxecto estatal Renaturagri, centrado en combater as pragas de nematodos nos cultivos de pataca. Entre os resultados xa obtidos destaca o uso dunha planta "trampa" que pode contribuír a duplicar a marxe de beneficios por hectárea dos cultivos, aumentando considerablemente o nivel de produción. 

Renaturagri, que se estenderá ata 2025, ten como obxectivo avaliar o impacto agronómico, ambiental e económico de substituír os nematicidas sintéticos por estratexias baseadas na natureza. O traballo busca avanzar cara a unha produción de pataca máis resiliente e sostible, analizando o impacto de técnicas naturais no rendemento e calidade do cultivo, a biodiversidade do ecosistema, a fertilidade do chan, o secuestro de carbono e a mitigación da contaminación. 

Un dos resultados máis prometedores ata agora é o uso dunha planta "trampa", que engana aos nematodos provocando a súa morte, o que demostrou duplicar os beneficios por hectárea e aumentar a produción de pataca nun 21%. A parte experimental do proxecto desenvólvese nunha parcela da comarca ourensá da A Limiaempregando a variedade de pataca Kennebec. Os sistemas baseados na natureza probados inclúen, ademais da mencionada planta "trampa", un bioestimulante microbiano e un extracto de mostaza.

O proxecto, que se estenderá ata 2025, conta cun orzamento de máis de nbsp;250.000&euros

O proxecto, cun financimiento de 253.000 euros, está liderado por David Fernández Calviño e Manuel Arias desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense e o Instituto de Agroecología e Alimentación da UVigo. Aínda que a proposta, de marcado carácter disciplinar, engloba multitude de profesionais e especialistas de diferentes sectores.

Comentarios